Tres veciños de Campañó, investigados por ter cans en condicións "deplorables"

Pontevedra
15 de novembro 2017

A Garda Civil investiga tres veciños de Campañó, todos eles membros dunha mesma familia, como presuntos autores dun delito de malos tratos a animais domésticos. Tiñan unha vintena de cans, segundo o instituto armado, que se atopaban nunhas "deplorables" condicións hixiénicas e sanitarias

Cans en mal estado atopados pola Garda Civil en Campañó
Cans en mal estado atopados pola Garda Civil en Campañó / Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil investiga tres veciños de Campañó, todos eles membros dunha mesma familia, como presuntos autores dun delito de malos tratos a animais domésticos. Tiñan unha vintena de cans, segundo o instituto armado, que se atopaban nunhas "deplorables" condicións hixiénicas e sanitarias.

Os axentes accederon á vivenda o pasado 29 de setembro e, tras retirarlles os animais e ser avaliados por un veterinario, decidiron tramitar unha denuncia pola vía penal pola situación na que se atopaban os animais.

Os cans, segundo explica a Garda Civil, estaban enfermos, sen apenas pelo, padecen sarna e algúns tiñan as patas con deformidades e torcidas por fracturas mal curadas.
 
En total, efectivos do Seprona retiráronlles 18 cans de diferentes tamaños, idades e razas. Ningún dos cans atopábase identificado debidamente.

Ante o mal estado dos animais, os propietarios decidiron cedelos voluntariamente á protectora, xa que teñen poucos recursos económicos e non poden facerse cargo do tratamento.

As dilixencias entregáronse nun xulgado de Pontevedra.