Trinta estudantes participan no campus 'Inglés na miña contorna' da Uned en Portas

Umia
12 de xullo 2023

Ata o 21 de xullo, os participantes reciben de maneira intensiva de inmersión lingüística ao mesmo tempo que realizan actividades lúdicas orientadas a dar visibilidade á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible

Participantes no Campus Inglés na miña Contorna
Participantes no Campus Inglés na miña Contorna

A aula Universitaria da UNED en Portas é o escenario da sétima edición do Campus Inglés na miña Contorna, que se desenvolve ata o venres 21 de xullo

Trinta estudantes reciben, a través desta formación, unha inmersión lingüística ao mesmo tempo que realizan actividades lúdicas orientadas a dar visibilidade á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.

Ao longo destas semanas, os participantes aprenderán a dominar técnicas de comprensión e comunicación en inglés para perder o medo para falar noutra lingua, utilizando o inglés como ferramenta de comunicación durante as distintas accións que practican ao mesmo tempo que amplían relacións sociais e humanas, a través de traballo en equipo.

Neste curso realízanse actividades culturais e deportivas saudables. Tamén se desenvolven prácticas sobre o manexo de tecnoloxías da información.