Triunfo, Foula e o grupo JP Son animarán a Festa na Carballeira esta fin de semana

Cerdedo Cotobade
20 de abril 2023

Membros da comisión de San Xurxo, acompañados polo alcalde Jorge Cubela, presentaron o programa para estas festas que se celebrarán durante o sábado 22 e o domingo 23 na contorna da capela

Presentación das Festas na Carballeira 2023
Presentación das Festas na Carballeira 2023 / Concello de Cerdedo-Cotobade

A comisión de Festas de San Xurxo presentaba este xoves o programa de actividades da Festa na Carballeira, coa presenza de Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade. 

Esta celebración desenvolverase durante esta fin de semana no espazo que se atopa situado na contorna da capela e baixo a zona de árbores.

O sábado 22 de abril, durante a noite, celebrarase unha gran verbena coas actuacións da orquestra Triunfo e o grupo JB Son. Está previsto que se manteña un servizo de bar para atender a aquelas persoas que se acheguen a esta festa tradicional.

O domingo 23 de abril, a partir das 12.00 horas, desenvolverase a misa solemne en honra de San Xurxo na igrexa parroquial. Ao finalizar está prevista unha sesión vermú coa intervención do grupo de gaitas Foula.

Cubela, durante a presentación, destacou a importancia destes eventos para manter o contacto e o reencontro veciñal. Encomiou o esforzo que realizan os integrantes da comisión e o compromiso solidario da veciñanza apoiando estes actos.