A 'Troita' reina un ano máis en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
31 de maio 2026

Fin de semana festiva en Ponte Caldelas coa celebración da edición número 58 da Festa da Troita

Festa da Troita 2026 en Ponte Caldelas
Festa da Troita 2026 en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Festa, actividades, bo ambiente e sobre todo, 'troita'.

Ponte Caldelas vive un das súas mellores fins de semana do ano coa celebración, ao grande, da Festa da Troita na súa edición número 58.

A festa gastronómica leva semanas visitando as diferentes parroquias, unha xira que serviu para quentar motores para os días grandes do evento.

Centos de persoas envorcáronse cunha celebración que por algo foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Máis aló da degustación de troitas, as actividades deron comezo este sábado desde primeira hora, primeiro co concurso de pesca deportiva no río Verdugo, e seguindo pola tarde con exhibicións de baile, o certame de Corais, o Festival Troita Folk e, como peche, a verbena na Alameda a cargo da orquestra Metrópolis e o trío Tic Tac na Alameda.

Para a xornada de domingo a programación contaba con especio de novo para o concurso de pesca, unha dobre ración de degustación de troitas (12.00 e 19.00 horas), uns pasarrúas e concerto da Banda de Música de Marín e unha nova sesión do Festival Troita Folk.