Este xoves 20 conclúe o prazo para presentar traballos ao concurso fotográfico que convoca o Concello de Poio con motivo da Festa da Ameixa. A pesar de que a situación sanitaria impide a celebración da tradicional cita gastronómica, si se mantén o concurso que leva á cuarta edición.
Cada participante pode presentar un máximo de dúas fotografías, a cor ou branco e negro; e cun tamaño mínimo de 15x20 centímetros. Os traballos non poden ser manipulados dixitalmente. 'O asubío do mar' é o slogan do concurso, de forma que as fotografías han de facer referencia a Campelo, as súas xentes e tradicións.
Deben enviarse ao correo electrónico [email protected] xunto a un documento anexo cos datos persoais, teléfono, dirección, fotocopia do DNI e declaración xurada que confirme a autoría.
A partir do venres o xurado analizará fotográfalas concursantes para proceder ao fallo do concurso que está dotado cun vale de 300, 200 e 100 euros para adquisición de material fotográfico, entre as tres imaxes gañadoras.