Últimas prazas para participar no roteiro infantil pola Ponte do Burgo este mércores 26 de agosto

Pontevedra
24 de agosto 2020

As prazas están limitadas a 21 menores. Trátase dunha actividade gratuíta que se desenvolverá o 26 de agosto entre as 19.00 e as 20.00 horas. É preciso apuntarse previamente a través de https://apuntate.pontevedra.gal/roteiro-ponte-do-burgo-mercores-26/a>

Inauguración da nova iluminación da ponte do Burgo
Inauguración da nova iluminación da ponte do Burgo / Cristina Saiz

Este mércores 26 de agosto desenvolverase o último roteiro infantil que se organizan con motivo da inauguración da reforma da ponte do Burgo. Será entre as 19.00 e as 20.00 horas e quedan as últimas prazas para que un total de 21 menores participen nesta sesión. 

Vai destinada a menores con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. A participación é gratuíta pero desde o  Concello de Pontevedra solicitan que se realice unha inscrición previa a través desta ligazón:  https://apuntate.pontevedra.gal/roteiro-ponte-do-burgo-mercores-26/   para atender todas as necesarias precisas e adoptar as medidas de seguridade sanitaria establecidas polas autoridades sanitarias. 

Tamén durante esa mesma xornada, a partir das 21.00 horas terá lugar unha actividade unicamente para público adulto para a que xa non quedan prazas dispoñibles..