Últimos días para solicitar composteiros individuais en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
23 de setembro 2021

O Concello de Ponte Caldelas ten aberto o prazo de solicitude de composteiros individuais para que as familias do municipio poidan crear o seu propio fertilizante. As persoas interesadas en recibir un composteiro teñen que cubrir a correspondete solicitude no Concello achegando copia do DNI e do IBI

Composteiro individual
Composteiro individual

O Concello de Ponte Caldelas ten aberto o prazo de solicitude de composteiros individuais para que as familias do municipio poidan crear o seu propio fertilizante. As persoas interesadas en recibir un composteiro teñen que cubrir a correspondete solicitude no Concello achegando copia do DNI e do IBI.

O obxectivo do programa 'Ponte Caldelas Composta' é a instalación de 110 composteiros individuais en vivendas que dispoñan dunha parcela mínima de 25 metros cadrados.

Os participantes deberán de estar especialmente concienciados coa importancia do proxecto e os preseleccionados participarán nunha xornada informativa na que se abordarán os diferentes aspectos da compostaxe.

'Ponte Caldelas Composta' busca lograr unha efectiva planificación da xestión de fracción orgánica municipal a través da complementariedade de diferentes modelos de xestión que permitan atender as peculiaridades do municipio.

Preténdese, nunha primeira fase, reducir a cantidade de fracción orgánica xerada e finalmente lograr unha correcta valorización da mesma, cuestión que vai unida á potenciación da concienciación sobre o reciclado.

O proxecto lévase a cabo a través dunha subvención do Ministerio para a Transición Ecolóxica, para promover actuacións que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e avanzar na consecución dos obxectivos da directiva europea de residuos.