Un acordo para axudar a pacientes e familiares, petición para o Día Mundial Contra o Cancro

Pontevedra
04 de febreiro 2021

A Asociación Española Contra o Cancro, con motivo do día Mundial Contra o Cancro que se conmemora cada 4 de febreiro, pide un Acordo Contra o Cancro para que pacientes e familiares poidan facer fronte a esta enfermidade en igualdade de condicións, xa que consideran que a pandemia agravou a situación de vulnerabilidade previa que xa tiñan moitas persoas con cancro

Ponte do Burgo iluminada de verde
Ponte do Burgo iluminada de verde / PontevedraViva

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC), con motivo do día Mundial Contra o Cancro que se conmemora cada 4 de febreiro, pide un Acordo Contra o Cancro para que pacientes e familiares poidan facer fronte a esta enfermidade en igualdade de condicións, xa que consideran que a pandemia agravou a situación de vulnerabilidade previa que xa tiñan moitas persoas con cancro.

O estudo 'Impacto da pandemia nas persoas afectadas por cancro en España' realizado pola AECC revela o golpe para os pacientes con cancro que sofren as dúas pandemias: da que se fala (covid-19) e da "silenciosa", o cancro.

Nesta terceira vaga, a situación de emerxencia no cancro apenas mellorou. Segundo a AECC os atrasos sanitarios é outro dos aspectos que máis preocupan durante a pandemia, xa que, durante a primeira onda, un de cada cinco pacientes non se diagnosticaron ou diagnosticáronse tarde, co problema que isto supón para a supervivencia.

Para a AECC en Pontevedra é fundamental "xuntar esforzos para eliminar as desigualdades que existen fronte ao cancro e reducir a vulnerabilidade da poboación con cancro que se viu agravada pola pandemia. Non debemos esquecernos das máis de 6.000 persoas que se diagnosticaron o pasado ano na provincia de Pontevedra, que necesitan do noso apioi agora máis ca nunca para paliar o impacto emocional, económico e sanitario que sofren tras o diagnóstico e vivindo en tempos de coronavirus", afirma Carmen Abeledo, presidenta provincial da AECC en Pontevedra.

UN ACORDO CONTRA O CANCRO QUE UNA A TODA A SOCIEDADE
 
Ante esta situación, la AECC pide que toda a sociedad española se poña de acordo contra o cancro para que:
  • Toda la poboación teña a mesma facilidade na toma de decisións saudables para evitar ata o 50% dos caasos de cancro.
  • Toda a poboación española poida acceder aos programas de cribado de cancro independentemente do seu lugar de residencia.
  • Todas as personas con cancro poidan afrontar o medo e diminuir a sensación de soidade non desexada e que pacientes e familiares poidan ter acceso a tratamentos psicolóxico especializado.
  • O cancro non provoque pobreza nas personas con cancros máis vulnerables.
  • Ninguén se quede sen diagnosticar como consecuencia de calquera tipo de crise.
  • Toda a poboación con cancro teña as mesmas posibilidades de acceso aos resultados de investigración sobre a enfermidade.
 
Para sumarte a este Acordo Contra o Cancro asina aquí.

A AECC ILUMINA DE VERDE TODA A PROVINCIA, A COR DA ESPERANZA

Ante a imposibilidade de poder celebrar este día nas rúas, a sede provincial de Pontevedra ds Asociación Española Contra o Cancro preparou unha acción moi chamativa para este día. Coa finalidade de seguir amosando o seu apoio a pacientes de cancro e familiares e loitar por eliminar as desigualdades nesta enfermidade, ilumininaranse de verde as fachadas dos edificios e localizacións emblemáticas da provincia.

A cor verde, característica da AECC, representa a loita contra o cancro que promove e defende a asociación, un símbolo de esperanza para todas as personas que padecen cancro. A cor verde, característica da AECC, representa a loita contra o cancro que promove e defende a asociación e un símbolo de esperanza para todas as persoas que padecen esta enfermidade. 

A esta iniciativa de iluminar a cidade de Pontevedra súmanse as seguintes institucións: o Concello, a Deputación Provincial, o Sexto Edificio do Museo, a Ponte do Burgo, la iglesia de la Peregrina y el Hospital Provincial. Tamén apoian esta acción os Concellos de Bueu, Marín, O Grove, Poio, Portas e Vilagarcía.