Un camión embiste un coche aparcado e arroia os clientes dun bar

Barro
04 de outubro 2016
Actualizado: 19:14

Sucedeu este martes, sobre as dúas da tarde, na estrada nacional N-550 ao seu paso por San Antoniño. Por causas que se descoñecen o condutor do camión perdeu o control do vehículo saíndose da vía e impactando contra dous turismos que se atopaban estacionados

Accidente en San Antoniño
Accidente en San Antoniño / Emerxencias Cambados

Un camión arroiou a dous clientes do bar A Lareira cando se atopaban tomando unha consumición na terraza do establecemento.

Sucedeu este martes, sobre as dúas da tarde, na estrada nacional N-550 ao seu paso por San Antoniño.

Por causas que se descoñecen o condutor do camión perdeu o control do vehículo saíndo da vía e impactando contra dous turismos que se atopaban estacionados.

Un dos coches aparcados freou a traxectoria do camión actuando de barreira cando se dirixía contra a fachada do bar.

Lamentablemente no seu arrastre o vehículo subiuse á beirarrúa levándose por diante a estas dúas persoas. Un dos feridos presentaba unha contusión na cadeira e o outro sufriu un forte golpe na perna. Ambos foron trasladados en ambulancia para recibir asistencia sanitaria.

A Garda Civil de Tráfico acudiu ao lugar do suceso para controlar o paso mentres se retiraban aos vehículos da calzada.

DOUS AXENTES DA GARDA CIVIL

Os feridos son axentes da Garda Civil e o vehículo que lles golpeou era o seu propio coche camuflado. Os axentes estaban de paisano e pertencen a unha unidade de investigación. No momento dos feitos ambos estaban de servizo.