Un can solto reincidente ataca a outro causándolle feridas de gravidade

Poio
21 de febreiro 2022

Segundo a información facilitada pola Policía, este animal conta con máis ataques no seu historial: dous ataques a cans en decembro de 2020 e dous ataques a persoas en marzo de 2021

Can atacado por outro en Poio
Can atacado por outro en Poio

Este luns 21 de febreiro a Policía Local de Poio realizou unha proposta de sanción á Consellería de Medio Ambiente para dar parte dun can solto que mordeu a outro can provocándolle lesións graves.

Segundo a información facilitada pola Policía na súa conta de Facebook, este animal conta con máis ataques no seu historial na base de datos de XESPOL, a plataforma de xestión policial utilizada en concellos coma Poio, Bueu ou A Illa de Arousa.

Os seus antecedentes constan de dous ataques a cans en decembro de 2020 e dous ataques a persoas en marzo de 2021, entre as que se atopa unha menor de idade. Debido a estas actuacións, xa se rexistraron dúas comparecencias de denuncias da veciñanza.

A Policía Local de Poio indica que non se trata dun can de raza potencialmente perigosa pero, segundo sinala, debido a estes ataques xa pasa a considerarse perigoso.