Un ciclista de 41 anos, ferido grave tras ser atropelado en Cuntis

Umia
29 de xuño 2019

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse ás nove e media de mañá. Foi un particular o que alertou de que un ciclista e un turismo víranse implicados neste accidente de circulación

Estado no que quedou a bicicleta do ciclista atropelado
Estado no que quedou a bicicleta do ciclista atropelado / Concello de Cuntis

Un home de 41 anos atópase en estado grave tras ser atropelado mentres circulaba sobre a súa bicicleta na N-640, ao seu paso pola Anllada (Cuntis).

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse ás nove e media de mañá.

Foi un particular o que alertou de que un ciclista e un turismo víranse implicados neste accidente de circulación.

Ao lugar dos feitos trasladáronse 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilagarcía e o GES da Estrada.

Os servizos sanitarios evacuaron ao ferido ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.