Un ciclista foi atropelado no carril bici do Paseo Rafael Areses

Pontevedra
28 de setembro 2015

Un ciclista foi atropelado no carril bici do Paseo Rafael Areses ao seu paso pola Ponte de Santiago. O deportista circulaba na compaña doutros compañeiros. O ciclista ten varias costelas rotas provocadas polo impacto co vehículo

Campaña "Salva o clima"
Campaña "Salva o clima"

Un ciclista foi atropelado no carril bici do Paseo Rafael Areses ao seu paso pola Ponte de Santiago. O deportista circulaba na compaña doutros compañeiros.

O ciclista ten varias costelas rotas provocadas polo impacto co vehículo.

O accidentado é familiar de varios integrantes de Masa Crítica  Pontevedra que saiu ao paso deste suceso recordando a todos os cidadáns que a seguridade viaria "é unha responsabilidade de todos, que conducir un vehículo ten riscos que pagamos todos en especial ciclistas e peóns".

SALVA O CLIMA

O sábado día 26 a asociación Pedaladas e Masa Crítica Pontevedra colaboraron con Greenpeace na campaña de acción global que están a facer con vistas ao Cumio de cambio climático que terá lugar a finais deste ano en París.

No acto percorreron a cidade con bicicletas levando con nos a mensaxe de "Salva o Clima" en carteis polas principais prazas da cidade.

A asociación Pedaladas e Masa Crítica Pontevedra defenden o uso da bicicleta como vehículo "ecolóxico, lóxico, económico e saudable". A bicicleta é a "opción menos contaminante de transporte" e non ten o custo para a saúde das persoas que ten o vehículo a motor.

Masa Crítica considera "especialmente grave" o caso da Volkswagen que desconectaba en 11 millons de vehículos diesel o seu sistema que reduce a contaminación "coas consecuencias que isto ten para a saúde poboación".

"Este fraude é unha proba  de que os cidadáns non debemos conformarnos con basear toda a nosa mobilidade no vehículo a motor e debemos gradualmente usar máis o transporte publico, a bicicleta e camiñar como medio  para coidar da nosa saúde e do noso planeta", salientan.