Un coche atropela á triatleta Aida Valiño na estrada de Vigo

Pontevedra
27 de abril 2015

Sucedeu as 10.45 horas da mañá na estrada de Vigo, a N-550, á altura da parroquia pontevedresa de Salcedo cando a triatleta adestraba en solitario coa súa bicicleta. Segundo fontes da Federación Galega de Tríatlon, o accidente produciuse durante a manobra dun coche que xirou á dereita para saír da vía e que acabou atropelándoa

A bicicleta de Aida Valiño no lugar do accidente, na estrada de Vigo
A bicicleta de Aida Valiño no lugar do accidente, na estrada de Vigo / Diego Torrado

A campioa de España de tríatlon, Aida Valiño Gómez, volveu ser vítima dun atropelo. Sucedeu ás 10.45 horas da mañá na estrada de Vigo a N-550, á altura da parroquia pontevedresa de Salcedo (punto quilométrico 126,400) cando a triatleta adestraba en solitario coa súa bicicleta.

Segundo fontes da Federación Galega de Tríatlon, o accidente produciuse durante a manobra dun coche que xirou á dereita para saír da vía e que acabou atropelándoa.

Unha ambulancia medicalizada do 061 trasladou o Hospital Domínguez de Pontevedra á triatleta. Ademais dos servizos sanitarios do 061, ata o lugar do accidente desprazáronse patrullas da Garda Civil de Tráfico.

Fontes oficiais do Hospital Miguel Domínguez informaron que Aida Valiño sofre policontusións, un traumatismo na cabeza e unha rotura da clavícula con desprazamento, xusto a contraría á que se lesionou hai un ano, concretamente o 21 de xuño, cando Aída formaba parte dun grupo de oito ciclistas que foron atropelados por unha furgoneta en Oia (Pontevedra).

A moza será trasladada a Lugo, localidade na que reside a súa familia, a petición propia para ser operada.

A lucense, que adestra no grupo de tríatlon do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, reapareceu este mesmo mes de abril cunha impresionante vitoria no tríatlon de media distancia de Elche.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora