Un coche de cabalos achegará a Papá Noel a Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
20 de decembro 2021

O percorrido do gran personaxe do Nadal comezará ás 12.00 horas. Aqueles rapaces que aínda non enviaran as súas cartas de peticións de agasallos poden deixalas na Caixa que o Concello de Ponte Caldelas instalou na Casa da Cultura

Papá Noel en Ponte Caldelas
Papá Noel en Ponte Caldelas

Este venres Papá Noel realizará a súa visita tradicional a Ponte Caldelas para ver aos escolares antes de entregar os agasallos. A visita está prevista para as 12.00 horas do venres 24 de decembro.

O personaxe coas súas barbas brancas percorrerá as rúas do centro urbano para saudar a todo o público infantil que se achegue á comitiva. Co seu traxe característico falará cos menores desde o seu coche de cabalos, co que se moverá pola vila.

Desde o Concello de Ponte Caldelas lembran que aquelas nenas e nenos que non enviaron aínda as súas cartas coas peticións de agasallo, aínda están a tempo de depositalas na caixa de correos instalada na Casa da Cultura.

Unha vez que Papá Noel finalice o percorrido pasará pola Casa da Cultura para recollelas e realizar a entrega dos xoguetes durante a noite.