Un coche provoca danos na senda peonil de Laño

Poio
31 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A Policía Local alertou este domingo dos danos localizados na senda peonil, recoñecida este ano como Sendeiro Azul, provocados por un coche que circulou polo paseo rompendo o mobiliario que atopaba ao seu paso

Danos ocasionados por un coche na senda de Laño
Danos ocasionados por un coche na senda de Laño / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio alertou dos danos localizados na senda peonil de Laño, recoñecida este ano como Sendeiro Azul.

Segundo explica o corpo de seguridade municipal, os danos foron localizados durante a mañá deste domingo 31 de marzo tras ser alertados por veciños.

Ao acudir ao lugar a Policía comprobou en primeira persoa as marcas de rodas dun coche que tería transcurrido polo sendeiro, dun turismo que todo apunta foi arrastrando o mobiliario urbano que se foi atopando.

En concreto o coche en cuestión rompeu unha papeleira e arrastrou durante preto de 50 metros un sinal.

A Policía Local investiga agora o suceso para tentar localizar ao autor ou autores dos danos nun lugar tan sinalado do municipio.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora