Un concerto "terapéutico" de Nadal anima o día no Hospital Montecelo

Pontevedra
29 de decembro 2022

Un grupo musical integrado por violoncelo, piano e guitarra interpretou varias pezas do Nadal para os pacientes os seus familiares e o persoal sanitario

Concerto "terapéutico" de Nadal no Hospital Montecelo
Concerto "terapéutico" de Nadal no Hospital Montecelo / Sergas

Un pequeno concerto "terapéutico" de Nadal con sons tradicionais desta época amenizou e acompañou este xoves aos pacientes e profesionais da unidade de Reanimación do Hospital Montecelo. 

Un grupo musical integrado por intérpretes de violonchelo, piano e guitarra foi brindou unha sesión musical collendo por sorpresa aos familiares que agardaban esta mañá no entorno sanitario.

Esta iniciativa pretendeu "envolver aos pacientes nun ambiente de tranquilidade e confianza durante a súa estadía, aproveitando o efecto calmante da música, ofrecendo ao persoal sanitario e aos familiares e pacientes un contorno musical agradable, así coma levar a cabo estas actuacións dende o respecto á calidade humana e asistencial do servizo".

Segundo sinala a xefa de servizo de Anestesioloxía e Reanimación da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a doutora Marina Varela Durán, "cada vez máis, a música emprégase nunha ampla gama de ámbitos clínicos". A presenza da música nos centros sanitarios "é unha acción humanizadora e, sen dúbida, nalgúns casos pode servir como tratamento complementario".

Neste senso, está demostrado que a música logra reducir a ansiedade en certos pacientes e esta terapia alternativa permite facer fronte a determinados síntomas e da dor asociados ás enfermidades. As melloras da frecuencia cardíaca, respiratoria e da presión arterial son outros dos efectos beneficiosos constatados.