Un condutor con menos de tres meses de carné sofre un accidente en Poio e cuadriplica a taxa de alcol

Poio
03 de abril 2021

Tres días e tres accidentes con alcoholemia positiva con tres condutores citados para xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria. Este é o balance das tres últimas xornadas nas estradas de Poio. O Venres Santo un accidente múltiple con dous feridos na avenida da Barca mantivo a entrada de Poio pechada durante unha hora

Accidente con alcoholemia positiva en Poio
Accidente con alcoholemia positiva en Poio / Policía Local de Poio

Tres días e tres accidentes con alcoholemia positiva con tres condutores citados para xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria. Este é o balance das tres últimas xornadas nas estradas de Poio segundo o balance realizado pola Policía Local da localidade. 

Nun destes accidentes, ocorrido o Xoves Santo, resultou fatal a mestura de alcol e velocidade. Segundo informou a Policía Local, o sinistro consistiu na colisión entre dous turismos, un deles conducido por un condutor novel con menos de tres meses de carné. 

O condutor novel deu positivo na proba de alcoholemia, cunha taxa de 0,63 miligramos de alcol por litro de aire expirado. A taxa permitida para este tipo de condutores sitúase en 0,15 miligramos, de modo que a cuadriplicaba.

O sinistro produciuse en Antelo e Mariño sobre as 22.00 horas

O Venres Santo, 2 de abril, sobre as 16.00 horas produciuse un accidente múltiple na avenida da Barca no que outro condutor deu 0,72 ml/ gr. 

Nese sinistro, un turismo que circulaba de entrada a Poio atravesou o carril contrario, impactando cun coche estacionado e rebotando contra un turismo que circulaba de saída de Poio. Finalmente, acabou encaixado contra un muro. 

Un total de dúas persoas resultaron feridas con carácter leve e o carril de saída de Poio permaneceu cortado durante unha hora, ata a retirada dos coches. 

O primeiro día de accidentes foi o mércores 31 de marzo, cun sinistro cun ferido en Portosanto no que un condutor que chocou contra un muro deu un resultado positivo de 1,02. 

Os tres condutores serán sometidos a xuízo rápido e poden resultar condenados a entre tres e seis meses de prisión, o pago de multa de seis a doce meses ou a a realización de traballos en beneficio da comunidade durante entre 31 e 90 días. Ademais, poderá retirárselle o carné de conducir por un tempo que vai entre 1 e 4 anos.