Un condutor dá positivo en Poio por un 'cóctel' de cinco drogas diferentes

Poio
25 de marzo 2023

Foi identificado pola Policía Local de Poio tras o accidente que sufriu. Despois do sinistro, o home deu positivo no test de drogas. A súa condución, aseguran desde este corpo policial, estaba "gravemente influenciada" polo seu estado

Control da Policía Local de Poio
Control da Policía Local de Poio / Policía Local de Poio

Ata cinco substancias diferentes levaba no corpo o condutor que foi denunciado en Poio por poñerse ao volante do seu coche tras consumir drogas.

Foi identificado pola Policía Local de Poio tras o accidente que sufriu. Despois do sinistro, o home deu positivo no test de drogas. A súa condución, aseguran desde este corpo policial, estaba "gravemente influenciada" polo seu estado.

O seu caso, que se investiga por un delito contra a seguridade viaria, foi notificado ao xulgado de garda de Pontevedra.

Esta infracción supúxolle ao condutor unha multa de 1.000 euros, a perda de seis puntos do carné e a inmobilización do seu vehículo.

A Policía Local recorda que conducir baixo a influencia de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas está castigado con pena de prisión de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou a realización de traballos en beneficios da comunidade de 30 a 90 días.

Ademais, supón a pérdida do carnet de conducir de un a catro anos.

Nos últimos tempos, aseguran desde a Policía Local de Poio, están a detectar un "notorio incremento" de conductores que dan resultado positivo no test de drogas. Rexistraron cinco casos positivos neste mes de marzo.

Os tipos de drogas máis habitual son os positivos en cocaína e en THC, ainda que tamén en opiáceos, MDA ou MDMA, benzoilecgonina ou anfetaminas.