O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados informou dun accidente de tráfico na estrada provincial EP-9004 ao seu paso por Tragove, Corbillón.
O condutor é un home de 32 anos e veciño de Cambados que envorcou co seu vehículo tras chocar con outro coche.
O ferido foi evacuado ao PAC de Cambados por familiares por mazaduras.
Ademais dos efectivos do Servizo de Emerxencias nesta intervención colaborou a Garda Civil de Tráfico.