Un condutor resulta ferido nun choque entre unha furgoneta e un turismo en Meis

O Salnés
17 de novembro 2023

O accidente se producía arredor das 12.30 horas deste venres 17 na PO-531. O turismo envorcaba tras o impacto e o ocupante resultaba ferido de consideración. Foi trasladado ao Hospital do Salnés

Unha ambulancia trasladou o condutor ferido
Unha ambulancia trasladou o condutor ferido / Mónica Patxot

Un condutor resultaba ferido nun accidente de tráfico que se rexistraba este venres 17 no municipio de Meis entre un turismo e unha furgoneta.

Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112, o impacto rexistrábase ao redor das 12.30 horas na PO-531, quilómetro 16-17, do municipio da comarca do Salnés. Varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do accidente.

Debido ao impacto entre os dous vehículos, o turismo envorcaba e o ocupante resultaba ferido de consideración. Foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés.

Desde o 112 dábase coñecemento á Garda Civil de Tráfico, o GES de Sanxenxo e efectivos de Protección Civil de Meis e de Vilagarcía de Arousa.