Un día de conto na escola de Verducido

Pontevedra
20 de xaneiro 2022

Un grupo de sete nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos da EEI de Verducido participaron este xoves nun novo obradoiro do proxecto O Teu Cole na Historia

Obradoiro do proxecto O Teu Cole na Historia na Escola de Verducido
Obradoiro do proxecto O Teu Cole na Historia na Escola de Verducido

Un grupo de sete nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos da EEI de Verducido participaron este xoves nun novo obradoiro do proxecto O Teu Cole na Historia.

Esta é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Educación en colaboración co equipo creativo de Polo Correo do Vento e o músico Antón Ke. 

A entretida narración de Kike Mauricio e Carlos Taboada, amenizada pola música de Antón Ke, xirou en torno ao fermoso mural realizado nesta escola en marzo do ano pasado, no que teñen protagonismo o encoro do Pontillón do Castro, a fervenza e os muíños que se poden atopar nesta privilexiada paisaxe natural.

Tamén recolle as figuras dunha leiteira e dun canteiro, así como un paxaro tan característico desta paraxe como un merlo.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora