Con motivo da conmemoración cada 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado, este mércores tivo lugar a Xornada de Voluntariado da sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, na que se reuniron un total de 200 persoas voluntarias da entidade.
O acto, que se desenvolveu no Liceo Casino de Pontevedra, deu comezo coa benvida da recentemente nomeada nova presidenta provincial, Ana Branca García quen quixo aproveitar a ocasión para mostrar o seu "entusiasmo e ilusión" nesta nova etapa e "agradecer a todos e cada uno" dos voluntarios "su trabajo y compromiso los 365 días del año" porque eles "son acompañamiento, escucha, soporte para aquellos que más nos necesitan".
A xornada continuou cun espazo no que os voluntarios ofreceron o seu testemuño compartindo o seu labor e experiencias coñecendo a súa día a día, a súa actividade e o que esta actividade repórtalles nas súas vidas.
Puxo o peche á xornada un vídeo con todas as actividades realizadas de acompañamento hospitalario e domiciliario, prevención e de obtención de recursos durante o ano 2023.
O obxectivo desta xornada foi fortalecer o sentido de pertenza ao equipo de voluntariado da Asociación, promover e dar recoñecemento ao valor do incansable labor dos diferentes perfís de voluntariado e visibilizar e darlles voz.
A sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra conta con ao redor de 700 persoas voluntarias en toda a provincia.
O modelo de voluntariado da entidade busca ser flexible para adaptarse á situación persoal de cada un; pode ser de forma puntual, recorrente, presencial ou en liña. Ademais, na entidade contan con distintas modalidades de voluntariado para adaptarse ás preferencias de cada un.
As persoas que se desexen sumar ao voluntariado da Asociación poden consultar as ofertas de voluntariado na provincia, contactar directamente con calquera das sedes locais da entidade ou chamar ao teléfono gratuíto e 24hrs. 900 100 036. Realizarase unha entrevista coas coordinadoras de voluntariado para informar máis en detalle e valorar a incorporación en función dos intereses, motivacións e dispoñibilidade.