Un erro informático colapsa a vacinación e xera longas colas en Pontevedra

Pontevedra
30 de decembro 2021

O proceso de vacinación contra a covid-19, que adoita desenvolverse de maneira bastante áxil, atopouse este xoves cunha dificultade inesperada. Un erro informático colapsou o sistema e xerou longas colas no 'vacinódromo' de Pontevedra

Colas para a vacinación na delegación da Xunta
Colas para a vacinación na delegación da Xunta / Mónica Patxot

O proceso de vacinación contra a covid-19, que adoita desenvolverse de maneira bastante áxil, atopouse este xoves cunha dificultade inesperada. Un erro informático colapsou o sistema e xerou longas colas no 'vacinódromo' de Pontevedra.

Desde o Servizo Galego de Saúde recoñecen que a plataforma que aloxa o sistema de vacinación quedou inactiva e, aínda que se puido seguir vacinando durante o tempo que estivo caído, o paso dos pacientes fíxose a un ritmo máis baixo.

Os responsables dos puntos de vacinación tiveron que facer un rexistro das persoas para vacinar de maneira manual, ata que se resolveu o problema.

Ás portas da delegación da Xunta en Pontevedra, o punto no que o Sergas está a inxectar actualmente a terceira dose aos maiores de 40 anos, acumuláronse as persoas citadas sen que, debido a ese erro informático, puidesen entrar á hora prevista.

A incidencia detectouse sobre as once da mañá e quedou emendada dúas horas despois.