Por terceiro ano consecutivo Pontevedra foi este martes parada no reto solidario de Germán Aneiros, que pretende impulsar co seu esforzo a doazón de medula ósea.
Germán partiu á primeira hora da mañá de Tui para completar, nunha sóla xornada, os 120 quilómetros que separan a fronteira con Portugal de Santiago de Compostela polo Camiño Portugués.
"Con que una sola persona se haga donante para mí es un éxito ya", asegurou ao seu paso pola cidade de Lérez, onde lle esperaban membros da Asociación de doantes e receptores de órganos de Vigo (ADROVI) e tamén da Asociación Pontevedrada.
Un dos obxectivos do reto é acabar co medo para doar e coa "desinformación que hay", xa que "la donación médula es simplemente un pinchazo en sangre para una analítica" e con iso, defende Aneiros "la recompensa es que salvas una vida".
Tras unha breve parada en Pontevedra, á que chegou pasadas as 11:30 horas, Germán Aneiros continuou coa súa carreira en solitario, na que conta co apoio loxístico e de cobertura que lle presta a súa familia.