A este domingo 26 de xuño adiantará o Concello de Sanxenxo a conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+. Será coa actuación da compañía de Pablo Méndez, que despregará un colorido espectáculo a Rúa dos Viños de Portonovo.
O espectáculo Little Garden encherá de fantasía as rúas da vila a partir das 13:30 horas.
A actuación enmárcase dentro das accións do Centro de Información á Muller (CIM) para promover o respecto, a igualdade e visibilización das distintas orientacións sexuais e identidade de xénero.
Os locais da Rúa dos Viños que participen nesta celebración regalarán pulseiras multicor por cada consumición e a rúa engalanarase con bandeiras arcos da vella.
Ademais, Arelas, a asociación formada por familias de nenos, nenas e adolescentes trans, dispoñerán dun espazo informativo en celebración para que o que o desexe poida acudir.
O Concello de Sanxenxo quere mostrar así o compromiso institucional coa diversidade e a liberdade afectivo sexual corporal e de xénero.