Un festival de récord con máis de 5.000 litros de cervexa vendidos

Pontevedra
23 de marzo 2015

O Mareantes Rugby Club finalizou o domingo 22 o festival de San Patrcio tras cinco días de moito traballo pero cuns resultados que superan as previsións esperadas por parte da organización

Inicio da Festa de San Patricio 2015
Inicio da Festa de San Patricio 2015

O festival Galaico-Irlandés de San Patricio do Mareantes Rugby Club chegou un ano mais a súa fin e as cifras falan por elas mesmas nunha festividade xa consolidada entre os cidadáns de Pontevedra.

Cinco días de celebración que culminaron o domingo 22 con máis de 5.000 litros de cervexas vendidos, superando o ano anterior e as previsións deste ano. A Guiness proclamouse como a cervexa máis vendida e a tapa especial de Pepe Solla superou as 300 unidades vendidas. A hamburguesa, que tanto éxito tivo o ano pasado e que é unha receita do Presidente do Mareantes, Eloy Díaz, tamén triunfou entre os asistentes unha vez máis.

Eloy Díaz, nun balance xeral destes días duros pero satisfactorios, comenta que a súa impresión do festival é "moi positivo pola acollida do público" que encheron todos os días a carpa que ten unha capacidade para 1.200 persoas.

O apoio de Hifas da Terra e de Pepe Solla, quen estivo na celebración non só gozando, senón que tamén axudou o xoves na cociña ensinando aos cociñeiros a elaborar a súa tapa, foi fundamental no festival, polo que Eloy Díaz está moi agradecido coa súa colaboración e espera poder repetir coa empresa de produtos ecolóxicos e co cociñeiro noutras ocasións. Ademais, no ámbito deportivo, o magnífico partido das mozas, que gañaron o seu primeiro encontro, e o bo partido dos rapaces animaron a celebración dentro do campo.

O domingo, día de peche do festival, finalizou co sorteo da viaxe a Irlanda, do que resultou gañadora Inés Amoedo García, o concerto do grupo Irlandés Coverstone e a gran multitude que se achegou para despedirse por quitan vez do San Patricio del Mareantes Rugby Club, que proporcionou unha magnífica festa a todos os que se achegaron.