Un gran espectáculo pirotécnico pon o broche de ouro ao primeiro día de festas

Pontevedra
13 de agosto 2017

Vistosos fogos artificiais iluminaron onte á noite o ceo de Pontevedra para poñer fin á primeira xornada das Festas da Peregrina, un día no que miles de persoas gozaron da programación preparada polo Concello para celebrar a semana grande

Espectáculo pirotécnico nas Festas da Peregrina 2017
Espectáculo pirotécnico nas Festas da Peregrina 2017 / Diego Torrado

Vistosos fogos artificiais iluminaron onte á noite o ceo de Pontevedra para poñer fin á primeira xornada das Festas da Peregrina, un día no que miles de persoas gozaron da programación preparada polo Concello para celebrar a semana grande.

O espectáculo pirotécnico, que como sempre se celebrou no peirao das Corbaceiras, atraeu a un numeroso público de todas as idades.

A empresa encargada da tirada lanzou 500 quilos de material pirotécnico que encandeou aos asistentes a este tradicional acto das festas.

A tirada durou ao redor de vinte minutos con espectaculares figuras de cores que resplandeceron sobre a desembocadura do Lérez na ría.