Un grupo de estudantes do programa Erasmus interésanse polo modelo de cidade

Pontevedra
14 de marzo 2022

Foron máis de corenta alumnos de diferentes nacionalidades: polaca (IX Liceum Ogolnoksztalcace), portuguesa (EBI Francisco Ferreira Drummond), rumana (Colegiul Economic Buzau), grega (2º Protypo Gymnasio de Atenas) e galega (do IES Luís Seoane de Pontevedra).

Encontro dos estudantes do Erasmus Plus co director xeral de Protección Cidadá
Encontro dos estudantes do Erasmus Plus co director xeral de Protección Cidadá / Mónica Patxot

A volta, aos poucos, á normalidade está tamén traendo con ela a grupos de alumnos e alumnas chegados de diferentes lugares até o Concello de Pontevedra.

Este luns tivo lugar un encontro dos estudantes do Erasmus Plus Seed Sustainability and citizenship co director xeral de Protección Cidadá e Promoción da Cidade, Daniel Macenlle.

Foron máis de corenta alumnos de diferentes nacionalidades: polaca (IX Liceum Ogolnoksztalcace), portuguesa (EBI Francisco Ferreira Drummond), rumana (Colegiul Economic Buzau), grega (2º Protypo Gymnasio de Atenas) e galega (do IES Luís Seoane de Pontevedra).

No encontro puideron coñecer o modelo de cidade de Pontevedra, comprender a transformación urbana que viviu a capital e afondar nalgunhas das claves dese fenómeno social que é a recuperación do espazo público para a cidadanía.

O proxecto educativo no que traballa este programa Erasmus busca que os estudantes coñezan o seu pasado así como que se familiaricen con aquelas prácticas produtivas tradicionais das súas propias rexións caracterizadas pola súa sustentabilidade. Tamén pretende que sexan capaces de analizar críticamente noso presente e adquirir recursos para afrontar o futuro con esperanza.