Un grupo de 36 alumnos de 4º da ESO do Instituto de Sanxenxo traballaron este xoves na eliminación de plantas invasoras na duna de Baltar.
A Concellería de Medio Ambiente colaborou co Colectivo Ecoloxista do Salnés nesta unha campaña de concienciación ambiental.
Dous educadores do Colectivo Ecoloxista do Salnés deron as instrucións oportunas ao grupo de rapaces que acompañados por dous profesores traballaron duramente para erradicar da duna ás especies exóticas invasoras.
Concretamente actuaron en puntos concretos da duna móbil e tamén na duna fixa rexenerada por Costas en 2007, unha zona que xa foi obxecto doutras actuacións similares organizadas polos ecoloxistas do Salnés.