Un home perdía a vida na tarde deste martes 23 na praia de Areas Gordas, no municipio de Sanxenxo.
Segundo informan os servizos de Emerxencias do 112 Galicia, os socorristas do areal atopáronse co corpo flotando boca abaixo. Lograron sacalo do mar e comezaron as manobras de reanimación. A continuación, os servizos sanitarios que se desprazaron ata a praia confirmaron o falecemento do home, un veciño de Noalla de 76 anos, segundo indica o Concello de Sanxenxo.
O 112 Galicia tiña coñecemento do suceso a través dunha persoa particular, que alertaba ás 18.30 horas da tarde. Indicaba xa que os socorristas atopábanse atendendo á persoa despois de sacar o corpo da auga. Realizáronlle unha reanimación cardiopulmonar pero sen éxito. O home atopábase só na praia, segundo fontes municipais.
Desde o servizo de Emerxencias informábase a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local de Sanxenxo, a Salvamento Marítimo e ao servizo de Gardacostas de Galicia.