Tráxico accidente de tráfico o acontencido durante a madrugada deste luns na estrada PO-542 na parroquia pontevedresa de Marcón.
Un home de 30 anos perdeu a vida no suceso, ao estrelarse contra un camión aparcado e quedar atrapado debaixo do mesmo.
Nada puideron facer por salvar a súa vida os servizos de emerxencia, que á súa chegada ao lugar só puideron certificar o falecemento.
A colisión tivo lugar pouco antes das 2.30 horas da madrugada na citada estrada en dirección ao Marco, preto da rotonda desde a que parte a Rolda Leste.
Por circunstancias que se investigan e según explican os efectivos despregados, o condutor perdeu o control do seu vehículosaíndo da vía e terminando baixo un camión que se atopaba aparcado no lateral da vía. De feito os Bombeiros de Pontevedra tiveron que excarcerar á vítima.
Ademais acudiron ao lugar efectivos do 061, Policía, Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de estradas.
#AXEGAInforma dunha persoa que faleceu ao bater co seu vehículo contra un camión estacionado na #PO542, en #Marcón (Pontevedra). Os bombeiros excarceraron á vítima mortal e ata o lugar acudiron os sanitarios, @guardiacivil, Policía Local e servizo de mantemento. pic.twitter.com/mqxWga84xe
— 112Galicia (@112Galicia) January 31, 2022