Un incendio afecta a unha vintena de paneis solares en Bueu

Bueu
03 de xuño 2024

Segundo explicou o 112, a Policía Local foi alertada sobre as 3:45 horas desta madrugada. Unha particular detallaba que os paneis eran de gran tamaño e atopábanse nunha zona arborizada

Bombeiros do Morrazo | ARQUIVO
Bombeiros do Morrazo | ARQUIVO

O Centro de Atención ás Emerxencias 12 Galicia informou dun incendio que afectou a unha vintena de paneis solares dunha casa situada na rúa Nova de Arriba, en Beluso. 

Os bombeiros indicaron ao 112 que ademais ardeu un alpendre, no que se orixinou o lume e onde había almacenados combustibles e un cortacésped.

Segundo explicou o 112, a Policía Local foi alertada sobre as 3:45 horas desta madrugada. Unha particular detallaba que os paneis eran de gran tamaño e atopábanse nunha zona arborizada.

De inmediato, tamén se solicitou a acción dos Bombeiros do Morrazo e dos axentes da Garda Civil.

Os equipos de extinción conseguiron apagar as lapas pouco antes das 5 horas.