Un lume que se declarou no lugar de Piñeiro, na parroquia de Arcos de Furcos (Cuntis), arrasou uns 500 metros cadrados de monte.
O incendio foi sufocado polos efectivos do servizo municipal de emerxencias de Cuntis, que desprazou ao lugar un vehículo de intervención rápida e un camión motobomba.
A rápida intervención dos axentes foi crucial para para controlar o lume e evitar que as lapas se estenderan por zonas próximas ao lugar do incendio.
Nas tarefas de extinción participaron tamén dúas cuadrillas de Medio Rural, unha motobomba e un axente forestal.