"Contra la desinformación: manual de herramientas y recursos didácticos en el aula", é un libro dixital de acceso aberto que reúne as achegas de 25 persoas expertas de ámbitos como a comunicación, o márketing, a filosofía, a socioloxía, o dereito ou a informática.
O propósito deste libro é proporcionar ao profesorado e alumnado de secundaria e bacharelato un conxunto de ferramentas e de recursos didácticos que lles permitan "entender mellor o fenómeno da desinformación e as noticias falsas e observalo con perspectiva".
Trátase dunda iniciativa dos investigadores da Facultade de Comunicación Xosé Rúas e Julia Fontenla.
Neste manual abórdanse dende o concepto de posverdade e as teorías da conspiración ata o uso da intelixencia artificial para a verificación de datos ou a magnitude do negocio da desinformación.
É un manual cun propósito divulgativo, polo que cada capítulo inclúe tamén actividades e recursos para que os profesores poidan traballar este tema na aula.