Un menor resulta ferido nunha colisión múltiple

Sanxenxo
02 de xullo 2024

Sucedía minutos antes das 18.00 horas deste martes 2 de xullo na estrada da Circunvalación 63 no municipio de Sanxenxo. Un turismo impactaba contra outros dous vehículos estacionados por causas que se investigan

Accidente múltiple en Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Un menor era trasladado a un centro hospitalario para que se lle realizase unha análise facultativa despois de sufrir lesións nun accidente de circulación que se rexistraba na tarde deste martes no municipio de Sanxenxo.

A Policía Local era alertada arredor das 17.52 horas e unha dotación desprazábase ata a estrada da Circunvalación 63. 

Unha vez no lugar os axentes atopáronse cun accidente de tráfico múltiple.

Por causas que se investigan, un turismo chocaba frontolateralmente contra outros dous vehículos que permanecían estacionados.

O impacto causou graves danos nos turismos.

O menor foi trasladado con feridas que ofrecían un prognóstico leve, segundo informan desde o Concello de Sanxenxo.