Un mes de limpeza no perímetro do Encoro da Baxe entre Cuntis, Caldas e Moraña

Umia
13 de maio 2024

As tarefas céntranse nas rozas de vexetación en camiños do perímetro do encoro e de faixas de xestión de biomasa. As actuacións, que se levan a cabo en 8,8 quilómetros de camiños e nunha superficie aproximada de máis de 14 hectáreas, van acometerse con ferramentas manuais, motoserras e rozadoras co apoio de tractores e camións

Operario realizando a roza na contorna da Baxe
Operario realizando a roza na contorna da Baxe / Xunta de Galicia

Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, iniciaba este luns 13 de maio as actuacións de conservación e mantemento na contorna do encoro da Baxe, que afecta os municipios de Cuntis, Caldas de Reis e Moraña.

As tarefas céntranse na roza de vexetación e na retirada de árbores que se atopan caidos en camiños do perímetro da infraestrutura. Os traballos acométense nas parroquias de Santo André de Cesas, en Caldas; Troáns, en Cuntis; e en Laxe e Saiáns, en Moraña.

As intervencións executaranse en 8,8 quilómetros de camiños e nunha superficie de máis de catorce hectáreas. 

Está previsto que se prolongue ao longo dun mes e realizaranse utilizando a aplicación de ferramentas manuais; o uso de motoserras e rozadoras co apoio de tractores e un camión. 

A Xunta espera que, cando conclúan os traballos, os camiños queden despexados de maleza. Inclúese a roza de espazos de xestión de biomasa e o mantemento de plantacións dentro do perímetro de expropiación.

Este operativo intégrase dentro do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.

Con estas accións pretenden mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos actuando nas áreas nas que a Xunta mantén competencias, fóra dos espazos fluviais urbanos de responsabilidade dos municipios.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora