Un mozo de 18 anos, detido por vender haxix e marihuana nas inmediacións dun instituto

Pontevedra
11 de maio 2022

Apenas 18 anos tiña a persoa que, segundo a Policía Nacional, era a responsable dun punto de venda de droga, fundamentalmente marihuana e haxix, que había nas inmediacións dun centro escolar de Pontevedra. O arresto deste mozo produciuse o pasado venres 6 de maio, despois de que os axentes interceptaran unha venda

Efectos intervidos ao mozo detido en Pontevedra por tráfico de drogas
Efectos intervidos ao mozo detido en Pontevedra por tráfico de drogas / Policía Nacional

Apenas 18 anos tiña a persoa que, segundo a Policía Nacional, era a responsable dun punto de venda de droga, fundamentalmente marihuana e haxix, que había nas inmediacións dun centro escolar de Pontevedra.

O arresto deste mozo, alumno desde mesmo instituto, produciuse o pasado venres 6 de maio, no marco dun operativo que axentes do grupo de prevención da delincuencia, conocidos como os "linces", estaban a realizar en varios puntos da cidade, con especial atención á contorna dos colexios.

O detido foi identificado no momento que levaba a cabo unha venda de droga a outro mozo, ao que lle entregou un paquete que contiña unha substancia verde, ao parecer marihuana.

Os axentes dirixíronse ao presunto vendedor e tras efectuar un cacheo de seguridade e inspeccionar a súa mochila interviñéronlle unha balanza de precisión, un anaco de haxix de 73,52 gramos de peso, 12 bolsas de plástico termoselladas e 194,90 euros fraccionados.

Ao mozo investígaselle agora como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.