Unhas 25 vivendas de Aldea Grande e Aldea Pequena, de Loureiro, na parroquia de Figueroa, contan desde este venres cun novo depósito de abastecemento de auga.
Esta actuación está enmarcada dentro das realizadas polo goberno de Jorge Cubela para "priorizar a atención da veciñanza con problemas de abastecemento ou deficiencias nas traídas veciñais".
Así, para a instalación desta nova infraestrutura "longamente agardada polos residentes" o Concello de Cerdedo-Cotobade destinou uns 28.000 euros, e xa son máis dun millón os que leva destinados nos últimos anos para construir este tipo de depósitos ou en colaborar cos veciños na reforma ou adaptación ás novas necesidades da poboación en materia de subministro de auga corrente ás vivendas.