Un operativo de limpeza acometerase na madrugada do xoves no barrio de Valdecorvos

Pontevedra
26 de decembro 2023

Segundo informa o Concello de Pontevedra esta intervención será acometida na rúa das Fragas e no estacionamento de balde situado na contorna durante as primeiras horas do 28 de decembro

Novo aparcadoiro de Valdecorvos
Novo aparcadoiro de Valdecorvos / Mónica Patxot

A primeiras horas do xoves 28 de decembro está previsto que se desenvolva un operativo de limpeza no barrio de Valdecorvos, segundo anuncia a concellería de Limpeza Viaria que dirixe o concelleiro Xaquín Moreda.

Nesta ocasión realizaranse as tarefas de limpeza na Rúa das Fragas e no estacionamento gratuíto situado na contorna.

A zona de estacionamento será valada ao longo da semana para marcar a prohibición de aparcamento nas horas previas ao comezo dos traballos, que se efectuarán de madrugada.

Os vehículos que permanezan estacionados nesa zona serán retirados polo guindastre municipal.

Utilizarase para os labores de limpeza máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto nas beirarrúas, como nas beiravías e na calzada.

Desde a concellería piden desculpas polos inconvenientes que se ocasionen con este servizo e demanda a colaboración cidadá e, en especial, de condutores para que os traballos realícense con garantías de bo resultado.