Un photocall para achegarse a Rosalía

Pontevedra
24 de febreiro 2018

Co motivo do Día de Rosalía, que se celebra este sábado 24 de febreiro, e para conmemorar o 181 aniversario da poeta, Galiza Nova sacou á rúa un photocall coa figura de Rosalía de Castro

Photocall de Rosalía de Castro en Pontevedra
Photocall de Rosalía de Castro en Pontevedra /

Co motivo do Día de Rosalía, que se celebra este sábado 24 de febreiro, e para conmemorar o 181 aniversario da poeta, Galiza Nova sacou á rúa un photocall coa figura de Rosalía de Castro

Moitos pontevedreses achegáronse a sacar unha foto coa escritora galega máis ilustre na figura colocada na intersección das rúas Peregrina, Daniel de la Sota e Andrés Muruais.

Con esta actividade, Galiza Nova explica que buscaba poñer en valor a obra de Rosalía, "unha muller comprometida, valente e revolucionaria, fronte a imaxe que en moitas ocasións pretenden dar dunha Rosalía triste e débil".

Deste xeito, a organización acompañou o photocall con algúns dos seus versos máis coñecidos para manter vivo o espírito de Rosalía de Castro na mocidade galega.