Un plan estratéxico para o deporte pontevedrés, proposta do PP no Pleno Municipal

Pontevedra
21 de outubro 2016

O grupo popular levará ao próximo Pleno unha proposta de elaboración deste plan no que cualifican de "una de las mediadas más importantes de lo que queda de legislatura", sinalou Tomás Abeigón. Convidan á reflexión "sobre las necesidades deportivas de la ciudad"

Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular en Pontevedra Mónica Patxot

O grupo municipal do Partido Popular propoñerá no próximo Pleno Municipal a elaboración dun Plan Estratéxico do Deporte pontevedrés que marque a liña a seguir neste ámbito durante os próximos anos, aproveitando a próxima disolución do Instituto Municipal de Deportes.

Tomás Abeigón explicou a medida convidando á reflexión "sobre las necesidades deportivas de la ciudad" en aspectos como as infraestruturas, equipamentos, axudas ou accións de promoción.

"Entendemos que es una de las medidas más importantes de lo que queda de legislatura", sinalou o edil popular.

O documento, que sería elaborado por técnicos contando coa opinión dos clubs, universidade ou asociacións de pais, "contribuirá a mejorar en gran medida no sólo el nivel deportivo, sino también el sector económico, empresarial y turístico", explicou Abeigón.