Un séquito de 420 persoas participará na Cabalgata de Reis de Vilagarcía

O Salnés
03 de xaneiro 2023

Regresa o belén vivinte á Praza de Ravella, onde as Maxestades de Oriente realizarán a ofrenda ao Neno Xesús antes de dirixirse ao público presente na praza. Ao remate, os Reis Magos subirán ao Salón Nobre de Ravella para protagonizar a tradicional recepción real e saudar a todos os nenos e nenas que o desexenspansegoe>spansegoe>spansegoe>

Séquito dos Reis Magos en Vilagarcía de Arousa
Séquito dos Reis Magos en Vilagarcía de Arousa

Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas de Vilagarcía durante o xoves 5 de xaneiro, acompañados por un amplo séquito real formado por 420 persoas, grazas á colaboración de catorce entidades.

O Concello de Vilagarcía agradece a colaboración de catorce colectivos nos preparativos da cabalgata real ao Centro de Educación Especial, as ANPA de Escardia, O Piñeiriño, San Francisco, Rosalía de Castro, Filipense e Anexo A Lomba, as asociacións Os Remolóns, O Noso Lareira e Nós de Sobradelo, a escola de danza Begoña Fontán e o centro de animación Nydia, ademais do club de rugby Vos Ingleses.

O evento, organizado pola concellería de Cultura, tamén contará cos vehículos do servizo municipal de Emerxencias e a colaboración da agrupación de voluntariado de Protección Civil. A Banda de Música de Vilagarcía desfilará xunto aos Reis ofrecendo animación musical coa interpretación de panxoliñas. 

O desfile comezará ás 19.00 horas do xoves 5 na Praza da II República para percorrer a Avenida da Mariña, pasando pola Alameda, Praza doutor Carús, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo, Arapiles, con conclusión nos Xardíns de Ravella. Alí, os Reis realizarán as ofrendas de ouro, incenso e mirra ao Neno Xesús, na recuperación do tradicional belén vivente.

A continuación, as súas Maxestades subirán ao Salón Nobre de Ravella para que se desenvolva a recepción real a todo o público infantil que desexe falar cos monarcas.