Un taxista dórmese ao volante e choca contra varios vehículos aparcados en Sanxenxo

Sanxenxo
23 de agosto 2015

Sucedeu ás 7:30 da mañá do pasado sábado. Segundo informou a Policía Local da vila, o taxita circulaba pola rúa Progreso cando quedou durmido ao volante, segundo o propio condutor explicou os axentes municipais.O taxista non resultou ferido como consecuencia do impacto  

Os vehículos afectados tiveron que ser retirados polo quindastre
Os vehículos afectados tiveron que ser retirados polo quindastre

Un taxista de Sanxenxo protagonizou un accidente de tráfico ao quedar durmido ao volante do seu vehículo e colisionar contra catro turismos que se encontraban correctamente aparcados.

Sucedeu ás 7:30 da mañá do pasado sábado.

Segundo informou a Policía Local da vila, o taxista circulaba pola rúa Progreso cando quedou durmido ao volante, segundo o propio condutor explicou os axentes municipais.

O taxista non resultou ferido como consecuencia do impacto.