Un total de 216 militares participan no Concurso de Patrullas da Brilat

Pontevedra
28 de xuño 2023
Actualizado: 29 de xuño

Trátase dunha proba exclusivamente para militares que teñen que completar os 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela polo Camiño Portugués portando o seu equipo e armamento regulamentario

XXV Concurso de Patrullas de la Brilat entre Tui y Santiago
XXV Concurso de Patrullas de la Brilat entre Tui y Santiago / Mónica Patxot

Ás nove da mañá deste mércores comezou o Concurso de patrullas Tui-Santiago que cada ano organiza a BRILAT.

Participan un total de 216 militares en 34 patrullas de Unidades de toda España, unha patrulla británica, unha francesa e unha portuguesa.

Trátase dunha proba exclusivamente para militares que teñen que completar os 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela polo Camiño Portugués portando o seu equipo e armamento regulamentario. 

En Pontevedra, os participantes realizaron un descenso en rápel na ponte de Monte Porreiro e cruzaron a nado o río Lérez remolcando o equipo nunha bolsa impermeabilizada. 

O acto de entrega trofeos será este xoves na praza do Obradoiro.

Esta actividade forma parte dos distintos actos conmemorativos do 57 Aniversario de creación da BRILAT, e persegue contribuír a "fomentar o espírito de sacrificio das patrullas e o afán de superación dos seus compoñentes" ademais de superar dificultades tanto físicas como psicolóxicas, "contribuíndo ao liderado dos xefes de patrulla" e tamén reforzar os lazos de unión entre as Unidades da BRILAT e do resto de unidades participantes".

Está considerada unha das probas militares máis difíciles de España. 

Clasificación final do concurso de patrullas Tui-Santiago de Compostela 2023:

Na modalidade AZOR a que se realiza por relevos:

  • Primeiro posto: empate entre Batallón de Infantería Zamora I/29 e Batallón de Cuartel Xeral VII.
  • Segundo posto: Batallón de Zapadores VII.
  • Terceiro posto: Grupo Loxístico VII.

Todas as unidades son da BRILAT.

Na modalidade COMPOSTELA, na que os participantes realizan o percorrido completo de 120Km:

  • Primeiro posto: Terzo Norte de Infantería de Mariña (TERNOR), con sede en Ferrol.
  • Segundo posto: Batallón de Cuartel Xeral VII.
  • Terceiro posto: Batallón de Infantería Zamora I/29.

Segundo e terceiro posto son unidades da BRILAT.