Un total de 59 persoas positivas por covid permanecen hospitalizadas na área sanitaria, unha delas na UCI

Pontevedra
04 de abril 2022

O Servizo Galego de Saúde informa que este luns 4 de abril a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés realiza seguimento a 1.570 casos activos de coronavirus

Hospital Montecelo de Pontevedra
Hospital Montecelo de Pontevedra / Mónica Patxot

O recente cambio á hora de valorar e tratar os contaxios por coronavirus deixou nun segundo plano algunhas das estatísticas de seguimento da pandemia, pero outros indicadores mostran aínda como afecta na área sanitaria.

Un deses apartados é a cifra de pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés que precisan de ingreso hospitalario debido ao seu positivo por covid.

Neste aspecto e segundo informa o Servizo Galego de Saúde, este luns 4 de abril son 59 as persoas con positivo activo que permanecen ingresadas na área pontevedresa.

Delas só unha evoluciona na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo, e o resto fano en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (49) e o Hospital do Salnés (9).

No que respecta a os casos activos, o Sergas realiza seguimento actualmente a un total de 1.570 casos activos de coronavirus en Pontevedra e O Salnés.

Desde o inicio da pandemia superaron a covid 61.697 persoas na comarca, rexistrándose 267 falecementos de pacientes coa infección activa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora