Un trailer atropela unha muller que cruzaba por un paso de peóns en Barro

Barro
05 de marzo 2014

Segundo explicaron testemuñas presenciais, a vítima é unha muller de avanzaba idade que cruzaba o paso de peóns axudada cunha muleta. O semáforo encontrábase en vermello para que pasasen os peóns pero á señora non lle deu tempo a cruzar. Ao poñerse o semáforo en verde o condutor do tráiler non a viu e tirouna ao chan, segundo explicaron estas mesmas fontes

Accidente nun paso de peóns da N-550 en San Antoniño, en Barro
Accidente nun paso de peóns da N-550 en San Antoniño, en Barro / Diego Torrado

O accidente tivo lugar ás 13:31 horas en Barro, na estrada N-550 no paso de peóns situado fronte á farmacia de San Antoniño, segundo informou o 112.

Segundo explicaron testemuñas presenciais, a vítima é unha muller de avanzaba idade que cruzaba o paso de peóns axudada cunha muleta. O semáforo encontrábase en vermello para que pasasen os peóns pero á señora non lle deu tempo a cruzar.

Ao poñerse o semáforo en verde o condutor do tráiler non a viu, arrancou e tirouna ao chan, segundo explicaron estas mesmas fontes.

Como consecuencia do impacto a muller sufriu un golpe, sendo trasladada en ambulancia a un centro sanitario da capital.