Un vídeo veciñal permite identificar un condutor temerario entre Ponte Caldelas e Soutomaior

Ponte Caldelas
04 de febreiro 2022

O vídeo gravado por un veciño e difundido pola TVG permitiu á Garda Civil identificar a un condutor temerario que circulou o pasado 31 de xaneiro pola estrada PO-244, entre Ponte Caldelas e Soutomaior, poñendo en risco a seguridade viaria

Adiantamento temerario gravado por un veciño
Adiantamento temerario gravado por un veciño

O vídeo gravado por un veciño e difundido pola TVG permitiu á Garda Civil identificar a un condutor temerario que circulou o pasado 31 de xaneiro pola estrada PO-244, entre Ponte Caldelas e Soutomaior, poñendo en risco a seguridade viaria.

Na gravación, segundo informa o instituto armado, apréciase o adiantamento antirregulamentario dun turismo nunha zona de visibilidade reducida e na que existe liña continua, polo que non se pode adiantar.

O turismo invadiu o carril do sentido contrario, polo que circulaba unha motocicleta que tivo que realizar unha rápida manobra evasiva para evitar a colisión.

O condutor resultou ser un veciño de Tomiño, de 30 anos de idade, que foi denunciado por condución temeraria, unha conduta que leva aparellada a retirada de seis puntos no permiso de conducir, así como unha sanción de 500 euros.

Por mor deste caso, desde o Subsector de Tráfico de Pontevedra agradecen a colaboración cidadá para identificar os autores de todas aquelas conducións irregulares que observen, xa que pode con iso evitarse situacións de risco.