As Novas Xeracións do Partido Popular de Pontevedra lanzaron este luns a iniciativa benéfica "Un xoguete baixo a árbore", en colaboración coa asociación Boa Vida.
O obxectivo fundamental desta campaña é "colleitar xoguetes para asegurar que todos os nenos e nenas poidan gozar da maxia do Nadal cun agasallo especial".
A recollida comezou este luns e estará aberta ata o 4 de xaneiro na sede local do Partido Popular, situada na rúa Palamios, número 7.
Desde Novas Xeracións fan un chamamento a toda a cidade para que "todos os que queiran sómense a esta causa e contribúan con xoguetes novos ou en bo estado".
"O propósito é facer realidade o soño de moitos pequenos de ter un agasallo baixo a árbore este Nadal", resumiron Guille Juncal e Paula Losada, presidente e secretaria da agrupación xuvenil.