A Corporación municipal apoiou unanimemente a moción do grupo do PSdeG-PSOE sobre a aprobación das subvencións na área de rehabilitación do centro histórico de Pontevedra.
Deste modo o goberno local solicitará ao Ministerio de Fomento e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se resolva dunha vez a asignación de fondos para a Área de Rehabilitación Integral (ARI) do centro histórico.
Segundo se recorda na moción este ARI foi aprobado no ano 2012, pero dende entón está paralizado, é dicir, non se desenvolveu nin se dotou financiamento algunha para subvencionar os propietarios que queren recuperar ou mellorar as súas vivendas.
Dende a concellaría de urbanismo informan que existen 61 propietarios con proxectos de rehabilitación á espera de coñecer se poderán recibir algunha axuda oficial.