Unanimidade para reelixir a Lores como presidente da rede de Cidades que Camiñan

Pontevedra
21 de outubro 2023

Lores fechou co rexedor de Valladolid, Jesús Julio Carnero, o congreso que reuniu 25 intervencións de especialistas e dous obradoiros sobre comunicación e rúas de convivencia, marcados especialmente polas temáticas da saúde e as peonalizacións máis aló dos centros urbanos  

Lores, reelixido presidente da rede de Cidades que Camiñan
Lores, reelixido presidente da rede de Cidades que Camiñan / Concello de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, foi reelixido por unanimidade dos municipios presentes como presidente da rede de Cidades que Camiñan.

Durante a asemblea xeral da entidade, que tivo lugar en Valladolid, decidiuse que será Pamplona a cidade sede do congreso do próximo ano 2024, cando se cumprirán once edicións de celebración deste evento.

Lores fechou co rexedor de Valladolid, Jesús Julio Carnero, o congreso que reuniu na capital castelá un total de 25 intervencións de especialistas e dous obradoiros sobre comunicación e rúas de convivencia, nunha xuntanza marcada polas temáticas da saúde e as peonalizacións máis aló dos centros urbanos.

Os dous alcaldes coincidiron en que "os procesos de recuperación das cidades son imparables" e subliñaron que os concellos "deben camiñar cara a modelos máis amables e camiñables".

Ao rematar o evento entregáronse os premios Cidades que Camiñan a Miajadas (Cáceres), Vilagarcía de Arousa, Pamplona, Braga e Barcelona.